Universidade de Vigo
Cabeceira

Modelos de Investigación Operativa en Teoría de Xogos

 

O comité organizador ten o pracer de invitarlles a participar no curso de Modelos de Investigación Operativa en Teoría de Xogos, que se celebrará en Pontevedra. O curso impartirase na Casa das Campás os días 13 e 14 de Outubro de 2017.

Este curso é o terceiro dunha serie de cursos que ten como obxetivos: dar a coñecer a Teoría de Xogos como ferramenta de utilidade en diversos ámbitos económicos e empresariais, contribuir a que se afiancen as relacións entre estudantes de doutoramento que realicen as súas teses en España en temas próximos á Teoría de Xogos, e favorecer o intercambio de ideas entre estudantes de doutoramento e investigadores que poidan dar lugar a novas perspectivas de investigación.

 

Vai dirixido a estudantes de doutoramento para os que a Teoría de Xogos poida ser de utilidade nas súas liñas de investigación, tanto a nivel teórico coma práctico. Esto inclúe alumnado de cursos de Economía, Administración de Empresas, Investigación Operativa, Matemáticas, Enxeñería, Loxística, Ciencias Políticas e Dirección Pública, entre outras.

 

O curso terá unha duración de 10 horas e o número máximo de participantes presenciais será de 50. Impartirase en inglés, a menos que todos os asistentes estean de acordo en que se imparta en castelán.


Será impartido por:

- Ignacio García Jurado. Catedrático de la Universidade da Coruña.

- Joaquín Sánchez Soriano. Catedrático de la Universidad Miguel Hernández de Elche.